Cena 03/04/2013 La Marina (Camariñas)

Co obxectivo declarado de situar a hostelería da Costa da Morte, máis concretamente a súa restauración, na primeira liña do sector en Galicia, nacío a Gran Orde Gastronómica da Costa da Morte. Sentar as bases para que pouco a pouco e a base de esforzo se poida competir en pe de igualdade con outras zonas turísticas galegas con moita máis experiencia e antiguedade na explotación das súas riquezas naturais e aruqitectónicas: situar á remota Costa da Morte ao mesmo nivel que as moito máis promocionadas, visitadas e explotadas Rías Baixas. Con este e outros motivos (promocionar a gastronomía da Costa da Morte a través de canles como internet, publicacións de guías, etc... ), a asociación conformada principalmente por empresarios hostaleiros e de turismo desta Franxa Atlántica reuníose este pasado mércores 3 de abril de 2013 no Restaurante La Marina. Alí puidemos asisitir ao acto de reparto de diplomas e escuitar o discurso do seu presidente, José Manuel Pato González, de Laxe, que ademáis é o Vocal da Xunta de Goberno, Director da Área de Pesca e Delegado en Galicia da Real Liga Naval Española, que se dirixío aos asisitentes recalcando a importancia dalgúns dos aspectos sinalados. A restauración da Costa da Morte aposta forte e promete dar guerra.

Relacionado: Galería de imágenes de la cena

Fuente: camarinas.eu