Xuntarse para degustar o que a terra e o mar nos brindan...

Que connotacións hai detrás destas verbas!

Gozar en compañía e de compartir.

Darlle alas aos sentidos e voar polos sabores, os aromas da comida, a presentación dos pratos e a satisfacción do apetito.

Percibir o cariño de quen prepara e valorar a quen produce estes alimentos para que os poidamos desfrutar...

...Na Costa da Morte

Pero, se ademais, o facemos na Costa da Morte, o prato está cheo de Atlántico e das terras deste recuncho galego. De auga salgada e doce, de cantís e areais, de vales e ríos, de montes, de lendas, de historias, de saberes que viaxaron ao longo dos séculos, de innovacións dos últimos tempos, de mans laboriosas e de talento.

E facémolo con compromiso

Compromiso co pracer de comer e compartir o que nos entrega o noso medio, coa saúde, con quen recolecta, produce e prepara, coa nosa terra e co seu futuro.

A Costa da Morte é natureza, historia e cultura. Tamén o é a súa gastronomía, polo que non debemos esquecer este marco á hora de creala e dala a coñecer.

O pracer de compartir mesa e mantel aquí non está rifado co consumo de alimentos bos para a nosa saúde, que sexan respectuosos co benestar animal e coa sustentabilidade medioambiental.

Debemos pensar no esforzo e na retribución xusta das persoas que pescan, marisquean, cultivan, crían e preparan viandas saudables e asequibles, e contribuír a poñer en valor os nosos produtos dándoos a coñecer coas claves para distinguilos.

Apostar polos produtos locais e de tempada engancha coa nosa biodiversidade alimentaria e coa identidade gastronómica da Costa da Morte.

Como?

  • Organizando eventos ao redor da nosa gastronomía (xantares, ceas, picnics, festas, degustacións, catas) baseados en produtos locais (percebes, longueirón, berberechos, peixes, carnes...) e preparacións tradicionais (bolos do pote, filloas,
  • doces...) ou innovadoras.
  • Aprendendo, concienciando, divulgando a través de charlas, relatorios ou obradoiros, dende as primeiras idades.
  • Viaxando, para coñecer outros produtos locais e as maneiras de promocionalos.
  • Educando o gusto, e poñendo en valor a diversidade de sabores de produtos e preparacións da Costa da Morte.
  • Recompilando os saberes tradicionais e actuais que hai en receitas, maneiras derecolectar e producir alimentos e uso de ferramentas.
  • Conservando a biodiversidade alimentaria.

Posibles proxectos

  • Cesta dos sabores de Costa da Morte. Trátase de identificar produtos e produtores da zona, incluíndo tamén as elaboracións de panaderías, carnicerías e industrias alimentarias.
  • Saberes da Costa da Morte . Receitas tradicionais e actuais, métodos de traballo, formas de recolecta, de cultivo, de conservación, utensilios, bibliografía.
  • Mercados da Costa da Morte . Espazos nos que se pode comprar a produción local e de tempada (feiras, mercados, prazas de abasto, tendas especializadas).
  • Fogóns da Costa da Morte . Identificación de restaurantes e cociñeiros/as que integran os produtos locais nas súas elaboracións e cartas.

Cómo organizar un evento

1. Nomear unha comisión organizadora de 4 persoas aproximadamente
2. Elixir o tipo de evento: xantar, cea, picnic, degustación, cata, ...
3. Elixir o produto ou preparación que se vai exaltar
4. Elixir as actividades complementarias (proxección, charla, baile...)
5. Elixir o lugar ou restaurante
6. Divulgalo e inscribir a participantes, indicando prezo, lugar, data e hora, produto/preparación que se enxalza.
7. Durante o evento: explicar as características do produto ou preparación, desfrutar das viandas e da compañía.

Evento  
Produto / preparación  
Comisión organizadora  
Lugar  
Data e hora  
Programa  
Prezo  
Inscrición Prazo
Contacto