Cena en Tira do Playa

Es tiempo de San Xoán y la gastronomía propia de esta época va imperando. El pasado jueves se celebró la cena mensual de la Gran Orden Gastronómica Costa da Morte, presidida por el laxense José Manuel Pato, también delegado en Galicia de la Real Liga Naval Española. En esta ocasión, el ágape tuvo lugar en A Coruña. Concretamente, en el Tira do Playa, un restaurante que, según resaltó el propio Pato en su bienvenida a los asistentes, "ten a esencia da Costa da Morte, leva a mesma bandeira ca nós". Por parte de sus encargados y, también, por esa filosofía del producto de calidad, de la zona. "Temos que seguir unidos para poñer as nosas potencialidades gastronómicos", dijo Pato. A la cena acudieron 65 personas, entre ellos el presidente de la Diputación, Diego Calvo, y el edil Roberto Coira, en representación del regidor, Carlos Negreira, quien se encontraba en la coronación de Felipe VI en Madrid.

A continuación, exponemos el discurso del presidente:

Estimados anfitrións do Tira da Playa, membros da Gran Orden Gastronómica da Costa da Morte, amigos todos: estamos, un día máis, reunidos para oficiar o rito da nosa crenza, da convición de que a nosa bisbarra ten que ter un gran futuro por diante e nós axudar e abrir portas para conseguilo. É a nosa maneira de defender a grandeza dunha gran marca. A marca da Costa da Morte, un selo que leva implícitos a calidade, a exclusividade e o valor do auténtico, dos productos que ano tras ano, século tras século, milenio tras milenio ven dando a noso recuncho máis auténtico, a fin de Europa, o último paso do Camiño, o extremo máis extremo. E temos que defendela no noso territorio e fóra del.

É por iso que estamos hoxe aquí, ao pé da Torre de Hércules, dende onde os heroes Milesios divisaron Irlanda e se lanzaron a súa conquista. Como os nosos hosteleiros e os nosos productores teñen que conquistar un mundo no que parece que os sucedáneos conquistan os mercados e as mesas. Temos que seguir unidos para por en valor todas nosas potencialidades gastronómicas. Aquí valemos todos e todos nos temos que entender para traballar e defender o mellor. O Tira da Playa ten a esencia da Costa da Morte, leva mesma bandeira ca nós. É un paso dado nesa conquista da nosa marca, pola que estamos aquí e levamos xa moitos pasos dados. Quédannos moitos aínda por dar, pero o que non podemos é parar. O noso lema debe ser "bos produtos e boa xente", con ela ata a fin. Boas noites e boa cea.

Galeria de fotos: http://www.granordengastronomicacostadamorte.es/multimedia/fotos/1/13/cena-restaurante-tira-do-playa-19-de-junio-de-2014/

Fuente: La Voz de Galicia