Organizada pola Gran Orden Gastronómica Costa da Morte e a delegación en Galicia da Tabacalera S.L.U., empresa encargada da comercialización dos prestixiosos cigarros Habanos, vai colaborar para que todos os Cabaleiros e Damas que así o desexen da Gran Orde Gastronómica da Costa da Morte poidan degustar o derradeiro cigarro que saíu ó mercado español, o Short Churchill DE ROMEO Y JULIETA, que se trata dun cigarro de formato e tendencia actuais, un Petit Robusto, con todas as características desta clásica e prestixiosa marca de puros habanos.

Tamén irá pola nosa conta unha maridaxe co último Ron que a marca Habana Club sacou ó mercado mundial, a súa SELECCIÓN MAESTROS, un Ron elaborado coa mellor selección de Rons desta mítica marca.

A degustación será para un número máximo de 25 fumadores, polo que os que desexen asistir deberán chamar por teléfono para confirmar a sua asistencia no nº 981 75 43 11 a selección será por estricto orden de anotacións.

O menú especial para os Cabaleiros e Damas da Gran Orden Gastronómica Costa da Morte que desexen apuntarse para a comida, o día da degustación de Puros Habanos e Ron, no Chill Out do Mar de Ardora as 17:00 do día 6 de Xuño do 2013 é o seguinte:

- Polbo a grella con aceite de pimentón.

- Brocheta de rape e langostino.

- Xarrete de tenreira asado.

- Xelado caseiro de plátano e caramelo.

- Viño branco e tinto.

Precio: 35€ por persoa.

Esto será no Chill Out do Mar de Ardora, do que adxuntamos algúnha foto: